Os populares cren que o goberno debe presentar un proxecto de lei nun prazo de tres meses.
O PP pide que se regulen urxentemente os
xogos e as apostas por Internet cunha norma que estableza os elementos
básicos de ordenación desas actividades, que se realizan sen control
administrativo ningún, sen tributación de ganancias e sen protección
dos usuarios, nin sequera dos menores.
O Grupo Parlamentario Popular
no Congreso presentou unha proposición non de lei para o seu debate no
Pleno, na que insta ao Goberno a que, "no prazo de tres meses", remita
ás Cortes Xerais un proxecto de lei sobre Xogo Interactivo, en
desenvolvemento co establecido na Lei de decembro de 2007 sobre Medidas
de Impulso da Sociedade da Información.
A devandita norma, segundo se recorda no texto da proposición non de lei presentada polo PP,
instaba ao Goberno a preparar e presentar ás Cortes un proxecto de Lei
para regular as actividades de xogo e apostas, en particular as
realizadas mediante sistemas interactivos baseados en comunicacións
electrónicas. Os seus principios básicos "foron acordados por todos os
grupos, que votaron unanimemente a emenda transaccional" presentada á
norma