O CPEIG asume como propia esta declaración do Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática.
- O Concello de Barcelona mantivo durante
sete meses de 2006 un erro informático que lle permitiu recadar máis
polas autoliquidacións dos cidadáns.
- Un fallo de seguridade pon ao descuberto datos confidenciais dos clientes de Vodafone.
- O goberno ZP está a condenar ao país a un atraso tecnolóxico que será difícil recuperar no futuro.
- O Goberno desregulou os estudos de Enxeñaría Informática, o cal terá unha transcendental importancia na competitividade tecnolóxica de futuro.
Segundo informan diferentes medios de comunicación, onte déronse a coñecer dous graves erros de sistemas informáticos:
- Por
unha parte, o Concello de Barcelona mantivo durante sete meses de 2006
un erro informático que lle permitiu recadar máis polas
autoliquidacións dos cidadáns. "A aplicación informática posta a
disposición dos contribuíntes para formalizar as autoliquidacións do
Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana a
través de Internet (autoliquidacións asistidas) contiña un erro na
fórmula destinada a calcular o importe dos intereses de demora extemporáneos", sinala un informe da Sindicatura de Contas, o Tribunal de Contas catalán.
- E por outra parte, un fallo de seguridade puxo ao descuberto datos confidenciais dos clientes de Vodafone, o erro no sistema de seguridade permitiu que uns 8.000 clientes de Vodafone cruzasen datos confidenciais á hora de realizar consultas online relativos a datos.
E mentres cada semana (neste caso dous nun día) almorzamos con erros informáticos deste calado, o Goberno de Rodríguez Zapatero,
négase a afrontar este problema regulando o exercicio profesional da
informática e permitindo que estes erros queden impunes
profesionalmente falando, o cal é tanto como amparar os profesionais
neglixentes e incentivar a baixa calidade do exercicio profesional na
construción de sistemas informáticos.
Lonxe de afrontar este problema, o Goberno ZP descende de categoría os estudos
universitarios de enxeñaría informática, menosprezando a súa
importancia, ao ser a única enxeñaría importante que pasa a estar
desregulada, xa que, o último Consello de Ministros do ano aprobou as
fichas das demais enxeñarías e non así a da Enxeñaría Informática.