O CPEIG asume como propia esta declaración do CCII.
- O Goberno aprobou a regulación dos estudos doutras Enxeñarías, non así os estudos de Enxeñaría Informática.
- O Goberno sumirá a este país nun desfase tecnolóxico de 50 anos.
- Os Enxeñeiros en Informática anuncian masivas mobilizacións todos os meses.
Onte,
26 de Decembro, na última reunión de Consello de Ministros, en plenas
vacacións de Nadal coma se non houbese tempo durante todo o ano, e
cunha grande parte do país de vacacións, aprobáronse as 'fichas' que
regulan os estudos de certas Enxeñarías e Enxeñarías Técnicas.
Entre as Enxeñarías e Enxeñarías Técnicas cuxos estudos se regulan, non aparece a Enxeñaría Informática, o que
conducirá a próstrea ao desprestixio e falta de atractivo para que os
futuros estudantes universitarios elixan carreiras análogas á
informática.
Con esta medida do Goberno, os estudos de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica Informática pasan de estar regulados a estar desregulados. ¡ Grande fazaña do Goberno ZP!
Para máis inri,
recoñécense competencias en materia de informática a outras enxeñarías
como son as de Telecomunicacións, supoñendo isto novamente un grave
agravio, e mesmo insulto aos 130.000 Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos
en Informática e aos 90.000 estudantes destas enxeñarías.
Con esta medida, o Goberno de Rodríguez Zapatero sumirá
a este país en 50 anos de atraso tecnolóxico con respecto ás potencias
máis avanzadas. É incrible que formando parte do discurso do Presidente
do Goberno a importancia que no futuro da nación teñen as Tecnoloxías
da Informática e as Telecomunicacións, o seu Goberno tomara a medida
comentada, máxime cando no resto de Europa a informática é unha
carreira recoñecida, perfectamente regulada e cuxa profesión está
regulada en países como Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Islandia,
Portugal ou Reino Unido.
130.000 Enxeñeiros e Enxeñeiros
Técnicos en Informática e 90.000 estudantes de Enxeñarías Informáticas
están afectados por esta desidia e estes agravios, e este colectivo non
vai quedar cruzado de brazos vendo como unha vez mais cométese con el un
grave agravio que lle deixa nunha posición social inaceptable e que
redundará en que a sociedade en xeral saia gravemente prexudicada.
Douscentos mil afectados e todas as súas familias están en pé de guerra
e seguirán mobilizándose mensualmente ata que o Goberno entre en razón
nesta materia.