O negocio do comercio polo miúdo retrocede respecto ao pasado ano. A publicidade estáncase cun incremento interanual do 1,4%.
A informática e as telecomunicacións resisten á crise, pero son unha excepción.
Segundo o indicador de actividade do sector servizos do Instituto
Nacional de Estatística, as tecnoloxías da información foron o único
segmento do sector servizos a cifra de negocios dos cales creceu en
outubro. Comercio, turismo, transporte e servizos a empresas caeron.
Segundo a fotografía económica do INE, é máis doado atopar traballo en empresas relacionadas coas tecnoloxías da información.
Aínda que o emprego se reduciu un 2,4% no conxunto do sector servizos
respecto a outubro de 2007, neste segmento en particular aumentou un
1,2% fronte ás caídas experimentadas en servizos a empresas ( -4%),
turismo ( -3,4%) e comercio e transporte ( -1,8% en ambos os dous
casos).
A cifra de negocios do sector 'Tecnoloxías da Información'' aumentou
en outubro un 0,5% respecto a setembro e un 1,9% fronte ao mesmo mes de
2007. Non obstante, 'Comercio' ( -10,2% e -1,7%, respectivamente),
'Turismo' ( -8,3% e -1,4%), 'Transporte' ( -5,3% mensual aínda que un
1% interanual) e 'Servizos a Empresa ( -4,1% e 1,4%) sufriron en
outubro o arrefriamento da actividade económica.
Dentro do apartado do comercio, cabe destacar o afundimento do mercado dos vehículos e combustible cunha
caída do 23,5% da súa cifra de negocios respecto a setembro ( -12,2%
interanual) e do comercio por xunto ( -9,2% e 0,9%, respectivamente) e
polo miúdo ( -3,9% e -0,5%).
En canto ao sector do transporte, só o terrestre
experimentou unha contracción interanual da súa cifra de negocios cunha
redución do 0,2% fronte ao crecemento do 1,3% do aéreo e do 1,8% do
marítimo.
Respecto aos servizos a empresas, o segmento peor
parado é o de selección e colocación de persoal cunha diminución do
5,3% interanual da súa cifra de negocios ( -21,8% respecto a setembro
deste mesmo ano). Pola contra, os servizos de seguridade (8,7%
interanual, 11,1% mensual) e actividades industriais de limpeza (6,8% e
5,4%, respectivamente) son os mellor parados.
Por outra banda, cabe destacar o estancamento do segmento da publicidade cun crecemento do 1,4% interanual pero unha caída do 3,8% mensual respecto a setembro.