O CPEIG asume como propia esta declaración do CCII.
-
Os Enxeñeiros [Técnicos] en Informática NON están na negociación da Directiva Europea de Servizos.
- Vanse aprobar as fichas de todas as enxeñarías menos as da Enxeñaría [Técnica] Informática.
- Realizarse unha manifestación convocadas polos estudantes en Madrid para o día 18-D ás 12.00
O pasado 19 de Novembro máis de 40.000 profesionais e estudantes de
Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática en 35 cidades diferentes
saíron á rúa reivindicando unha regulación da súa profesión e que os
seus estudos non se desregulen, como é a intención do Goberno.
Tras
semanas de negociacións e contactos, o goberno fartouse de dicir que na
transposición da Directiva Europea de Servizos (Lei que establecerá o
novo marco das profesións reguladas) se daría solución ás
reivindicacións deste colectivo, pero NON permite que os Enxeñeiros
[Técnicos] en Informática estean presentes na negociación. Pero ao
resto de Enxeñeiros SÍ.
Négase a creación dos Consellos de
Colexios de Enxeñeiros [Técnicos] en Informática, chegando mesmo a
dicir que as leis autonómicas que crearon os 11 colexios existentes non
teñen base legal.
Vanse aprobar no Consello de Ministros as fichas das demais enxeñarías, A DA ENXEÑARÍA INFORMATICA NON. O único que o Goberno decidiu é poñerse a estudar agora que solución darán no futuro.
O goberno di que a Enxeñaría Informática non terá atribucións, por consideralas unha restrición innecesaria á libre competencia.
Todo
isto enténdese como un NON a todo, e como que o diálogo están en punto
morto. Nesta situación os comités de creación dos consellos de colexios
non poden máis que informar aos Enxeñeiros [Técnicos] en Informáticas e
estudantes, que a única forma de chegar a conseguir as nosas
reivindicacións, é a mobilización. Polo tanto apoia todas aquelas
iniciativas que se formulen por entidades representativas e empraza os
profesionais a que colaboren activamente con todas estas iniciativas.
A manifestación convocada polos estudantes en Madrid para o día 18 de Decembro ás 12:00 da mañá, partirá do Estadio Santiago Bernabeu
e chegará aos Ministerios de Economía e Industria, que son os dous
Ministerios que están a bloquear a regulación profesional dos
enxeñeiros en informática En paralelo levaranse a cabo manifestacións en cidades como Sevilla, Zaragoza, Oviedo, Las Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, Albacete, Burgos, León, Salamanca, Cáceres e Coruña.