O proceso é moi sinxelo, xa que pode realizarse online e non
leva máis de cinco minutos en total. Moitos enxeñeiros/as xa o están a realizar.

Os colexios de Enxeñaría en Informática solicitan que se envíen ao "DEFENSOR DEL PUEBLO" queixas sobre a situación da profesión.
Existen tres modelos de queixa que poden descargarse ao final deste documento. Hai un
modelo para licenciados ou enxeñeiros en informática, outro para
diplomados ou enxeñeiros técnicos en informática e outro para persoas
non tituladas en informática pero que queiran manifestar a súa queixa,
tales como familiares, amigos, etc. As intrucións sobre como formular a queixa atópanse a continuación.
Intrucións
Conectarse á páxina do "defensor del pueblo".
Entrar na opción "Queixas por Internet", e seguir as instrucións, sen esquecer engadir o ficheiro coa queixa cumprimentada.
Se dispón de sinatura dixital é recomendable utilizala.
É importante non esquecer por no MOTIVO DE QUEIXA o seguinte: “SUPLICO AL EXCMO.
SR. DON ENRIQUE MÚGICA HERZOG, DEFENSOR DEL PUEBLO acuerde promover e
impulsar desde su Gabinete la adopción de medidas por parte de los
diferentes organismos competentes para la regulación de las profesiones
de Ingeniería en Informática e Ingeniera Técnica en Informática
conforme a las razones y propuestas que se detallan en el documento
adjunto.”
- É recomendable, como medida de precaución, almacenar os pantallazos
tanto do envío como da confirmación deste, así como o correo de
confirmación. Desta forma disporase dunha proba documental das queixas
realmente enviadas e do efecto que poden ter.
Animamos
a que cada enxeñeiro/a envíe a súa queixa xunto coa dos compañeiros/as,
familiares ou amigos/as que estean de acordo nas reivindicacións do noso
colectivo.