Esta é unha iniciativa de recollida de firmas on-line co eslogan "Unha Informática digna aínda é posible".
SalvemosInformatica.com nace co obxectivo de dar continuidade ás
mobilizacións programadas para o 19 de Novembro.
A recollida de
sinaturas on-line é unha ferramenta moi útil para facernos oir
e dispoñer dunha saída máis ás nosas reivindicacións. O seu obxectivo
é recoller o maior número de sinaturas para intentar obter a maior
repercusión posible.
Queremos facer extensiva esta proposta a todos os
colectivos relacionados dunha forma ou outra coa informática,
universidades e centros onde se imparten as titulacións de Enxeñaría
Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría
Técnica en Informática de Xestión así como pedir a solidarización
do resto da comunidade estudantil e universitaria, particulares e toda
a xente posible.
Se nos queres axudar déixanos a túa sinatura e faino
saber aos teus amigos, compañeiros de traballo/estudios|estudos, familia... Unha Informática digna aínda é posible.