Os/as enxeñeiros/as en Informática poden cumprimentar a enquisa para participar nesta investigación sobre a súa profesión.
A enquisa atópase accesible en: http://www.dtic.ua.es/~jimeno/informatica
O departamento de Psicoloxía Evolutiva e Didáctica da Universidade de
Alicante coa colaboración de varios profesores do departamento de
Tecnoloxía Informática e
Computación da mesma universidade está a
realizar unha investigación enmarcada nunha tese doutoral acerca das
competencias xenéricas que os enxeñeiros en informática requiren para
realizar con éxito o seu labor profesional.
É coñecido o efecto que as emocións causan nas persoas en diversos
ámbitos da súa vida. O mundo laboral non é unha excepción e recentes
investigacións demostraron a relación entre as emocións e o alto
rendemento laboral e a capacidade de liderado (Goleman, 1995, 1998,
2001; Boyatzis et al. 2000; Mayer e Salovey, 1990, 1997) . Neste
traballo preténdese estudar como as emocións inflúen no traballo dun
enxeñeiro en informática co fin de poder establecer qué competencias
socioemocionales puidesen resultar útiles nesta profesión. O
desenvolvemento das que resultasen competencias clave derivadas do estudo podería incorporarse de forma transversal aos novos estudos de Grao en Enxeñaría Informática no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.