O CPEIG, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, e dentro do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, financiado con fondos FEDER, celebrará o vindeiro sábado 13 de decembro no Hotel Puertal del Camino de Santiago de Compostela as xornadas "Uso da certificación dixital e sinatura electrónica".
A xornada celebrarase de 10:45 a 14:00, cunha pausa para café, e tratará as seguintes temáticas:
A admisión é gratuíta e unicamente para membros colexiados/as (ou en proceso de colexiación) do CPEIG. O número de prazas é limitado e asignaranse en orde de inscrición. O período de inscrición nesta actividade xa está pechado.
Poñente: Paz Cariñena Amigo
Despois dun breve repaso a nocións básicas de criptografía de clave pública, introduciranse conceptos xerais de certificación e sinatura dixital, as autoridades que interveñen no proceso de emisión, xestión e validación de certificados e os dispositivos de sinatura electrónica. A continuación presentarase o estado da arte da sinatura electrónica, ntrando en detalle de custos asociados á certificación dixital e as osibles incompatibilidades das tarxetas criptográficas nos distintos istemas operativos.
Poñente: Gonzalo Mateo Sixto
Esta segunda parte será puramente práctica, e nela faranse demostracións de uso do DNI-e en contornos Microsoft Windows e GNU/Linux, da gravación, lectura e eliminación de certificados en tarxetas criptográficas e da importación de certificados en navegadores.