O recurso pretende a modificación de algúns postos de traballo públicos por
considerar que esta supón un prexuízo para os Enxeñeiros en Informática
e un privilexio para os Enxeñeiros en Telecomunicacións.
O recurso denuncia a situación de discriminación dos Enxeñeiros en Informática
fronte aos Enxeñeiros en Telecomunicación tras a resolución do Director
Xeral de Administración Autonómica pola que se modifican certos postos
informáticos (expediente Human 1
288373/288374-CMDP) .
A resolución elimina a titulación Informática como requisito expreso
para as prazas de Enxeñeiros Informático de Grupo A, mentres que se
inclúe explicitamente a titulación de telecomunicacións como requisito
para acceder a ese tipo de prazas.
Deste modo, un titulado Enxeñeiro de Telecomunicación que ocupe unha
praza na Generalitat pódese presentar a un concurso para os postos
"Analista de Sistemas Físicos" e "Técnico de Sistemas Físicos", mentres
que non podería facelo un Enxeñeiro Informático. Isto supón que un
Enxeñeiro en Telecomunicación adquiriría a "condición" de Informático
de Grupo A, o que lle permitiría acceder a concurso de prazas de
"Técnico de Sistemas Lóxicos" e "Analista de Sistemas Lóxicos", ás
cales non podería acceder coa súa titulación.
O recurso de reposición presentado solicita
deixar sen efecto a clasificación levado a cabo "de forma arbitraria e
con efectos invalidantes no procedemento e sen ter en conta as
verdadeiras funcións do persoal afectado", e pide que se leve a cabo unha modificación "máis lóxica, racional e acorde ás funcións para o desempeño dos postos.