O PP solicita que se aclare o futuro dos estudos de Enxeñaría en Informática.
O Partido Popular solicitou a comparecencia da ministra de Ciencia
e Innovación, Cristina Garmendia, no Congreso dos Deputados para que
aclare o futuro dos estudos de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática.
A solicitude de comparecencia, recollida por Europa Press, reclama
que a ministra acuda á Comisión de Ciencia e Innovación da Cámara baixa
para informar sobre o proceso de adaptación do sistema universitario ao
Espazo Europeo de Educación Superior e, "en particular, sobre os estudos de enxeñarías".
A petición dos 'populares' prodúcese despois de que unha orde do
Ministerio "exclúa" os titulados de Enxeñaría en Informática e
Enxeñaría Técnica en Informática da posibilidade de exercer diferentes
profesións.
Este colectivo denuncia que o Goberno "incumpriu os compromisos
adquiridos" na pasada Lexislatura", xa que as súas atribucións
profesionais -- é dicir, os traballos que por lei só poden realizar
persoas cunha determinada titulación-- "só poden ser reclamadas pola
rama das telecomunicacións". Por iso, convocaron unha folga o 19 de
novembro para defender as súas titulacións.