Preocupación das empresas.
A responsable de
Recursos Humanos da consultora de 'software' Raon, Marta González
Munin, afirmou, en declaracións a Europa Press, que a posible entrada
da normativa europea sobre titulacións de enxeñaría "verá minguadas as
súas posibilidades de expansión europea".
"O cen por cento do persoal son enxeñeiros titulados en
Informática e, se non se recoñecen as as súas competencias
profesionais, a compañía perde o seu perfil de empregado", aseveró,
para engadir que "é necesario dar resposta aos traballadores sobre a
crise que está a ter lugar neste momento porque hai moita incerteza".