No momento actual aínda son moi confusas e inestables as informacións sobre as cidades que se movilizarán e os percorridos de cada unha delas, xa que os diferentes responsables locais están a tramitar os permisos oportunos para o correcto desenvolvemento das movilizacións.
Na medida na que estas informacións se vaian concretando, o colexio informará a través do seu sitio web e mediante comunicados a través de correo electrónico.
En relación coa convocatoria de folga, son moitos/as os/as colexiados/as que nos consultaron sobre se poderían ir á folga o 19 de novembro. Neste sentido é importante aclarar que os colexios profesionais non poden legalmente convocar unha folga. A tramitación dunha convocatoria de folga pode ser realizada polos/as delegados/as de persoal, as organizacions sindicais do eido laboral afectado, o comité de empresa ou os/as traballadores/as cando se atopen en número non inferior ao 33% da plantilla. Por tanto, as persoas interesadas en realizar a folga deberán consultar no seu contorno laboral o estado de tramitación da mesma. Neste sentido, no enderezo
http://www.huelgainformatica.es pode atoparse información detallada sobre o procedemento a seguir.
Dado que é posible que algúns enxeñeiros/as dispoñan de tempo limitado para asistir ás movilizacións, xa sexa porque non se atopa tramitada a folga no seu contorno laboral, ou porque a súa actividade profesional non o permite, o colexio recoméndalles encarecidamente que asistan polo menos ao punto de remate das diferentes movilizacións. Este é un momento decisivo para a nosa profesión e por tanto é preciso que todos/as realicemos o esforzo asistir ás movilizacións.