HP redacta na súa web os grupos de investigación do finisterrae.
Finis Terrae, o
superordenador do Centro
de Supercomputación de Galicia, que xa acadou importantes logros na
resolución de problemas, aparece nun vídeo
na web de HP na que se relata como diferentes grupos de
investigación fan uso do supercomputador coa meirande memoria compartida de
Europa para simulacións en Radioterapia Oncolóxica e Radiofísica (na que
participan grupos da Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago xunto con técnicos do CESGA) ou as
predicións e estudos meteorolóxicos que realiza Meteogalicia.
Dende HP destacan que o equipo está baseado nunha plataforma que agrupo 143
servidores HP Integrity e un sistema HP StorageWorlks SFS con 390 Tb de
capacidade, todo operando baixo SUSE Linux.