Os cursos encádranse dentro do Programa de Formación do CPEIG para o
ano 2008 e desenvólvense dentro do marco dunha subvención da
Consellería de Traballo.
Como parte do Programa de Formación para o ano 2008, o CPEIG organizará durante os meses de outubro e novembro os cursos de Administración de Base de Datos Oracle 10g e Auditoría Informática.
Os cursos serán gratuítos e están dirixidos a enxeñeiros/as e licenciados/as
en informática laboralmente en
activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).
Poden atoparse máis detalles sobre estes curso na na sección de cursos do portal do colexio.

Os continuos cambios a que está sometido o mercado de traballo en
Galicia fan necesario que se lles proporcione aos traballadores e
traballadoras do eido da Enxeñaría en Informática a formación necesaria
que lles permita adaptarse ás novas necesidades dos distintos sectores
do noso tecido produtivo.
Para
conseguir este obxectivo o CPEIG, a través da Consellería de Traballo,
e co financiamento do Fondo Social Europeo, impartirá estas accións
formativas para ocupados previstas no Programa Operativo Integrado de
Galicia 2007-2013.
En cumprimento do establecido no artigo 33 da
Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade de mulleres en
Galicia, impartirase un módulo formativo sobre igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade
familiar e doméstica cunha duración de 5 horas.