Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun curso de Auditoría Informática. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.
O curso está organizado polo CPEIG, e cofinanciado pola
Consellaría de Traballo e o Fondo Social Europeo. Polo seu caracter,
será gratuíto e está destinado a enxeñeiros/as e licenciados/as
en informática laboralmente en
activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).

Programa
Terá unha duración de 30
horas, ás que se engadirán 5 horas do módulo de igualdade.
Impartirase nos seguintes lugares e co seguinte calendario:
Módulo de igualdade
Sesión única o sábado
27 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00. Impartirase no salón Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na
Rúa Miguel Ferro Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Módulo I de Auditaría
Repartirase en 2 sesións:
- 1ª sesión, venres 24 de outubro en horario de 16:30 a 21:30
- 2ª sesión, sábado 25 de outubro en horario de 9:00 a 14:00
Cada unha delas impartirase, segundo o
calendario exposto, no salón Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Módulo II de auditaría
Repartirase en 2 sesións:
- 1ª sesión, venres 31 de outubro en horario de 16:30 a 21:30
- 2ª sesión, sábado 1 de novembro en horario de 9:00 a 14:00
Cada unha delas impartirase, segundo o calendario exposto, no salón
Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro
Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Módulo III de auditaría
- 1ª sesión, venres 7 de novembro en horario de 16:30 a 21:30
- 2ª sesión, sábado 8 de novembro en horario de 9:00 a 14:00
Cada unha delas impartirase, segundo o calendario exposto, no salón
Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro
Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Preinscrición
O prazo de preinscrición deste curso rematou o domingo 14 de setembro.
Admisión e confirmación da asistencia
A admisión no curso, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles, realizarase por rigoroso orde de solicitude de pre-inscripción.
O prazo de confirmación de asistencia a este curso rematou o domingo 21 de setembro.
Requisitos
- Na primeira sesión do curso será precisa a identificación dos/das
alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI. Adicionalmente os alumnos/as deberán presentar ese mesmo día a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI para completar a ficha de inscrición.
- Documento acreditativo de estar en activo e de non estar ao servizo das administracións públicas (non pertencer ás Administracións Públicas). Este documento pode ser calquera dos seguintes:
- Copia do encabezado dunha nómina pertencente as últimos catro meses onde figure o nome e apelidos, a empresa e o período ou mes da nómina.
- Certificado de vida laboral.
- Será preciso ter asistido ao 75% das horas lectivas do curso. Ao
remate do mesmo farase entrega dun diploma acreditativo a cada alumno.
- No caso de xa ter recibido o módulo de igualdade contido neste
curso, poderase evitar repetilo sempre que se xustifique debidamente
mediante diploma acreditativo.
Información adicional
Como parte do material docente
incluído no curso, farase entrega do libro de Mario Piattini y otros
titulado "Auditaría
de Tecnologías y Sistemas de Información" Ra-ma, 2008 (valorado
en 45€).
Como
é habitual nestes eventos, fica a disposición dos/das colexiados/as a
posibilidade de que o colexio xestione reserva de hotel en condicións
de convenio para aqueles colexiados que desexen aloxamento. Para
información ou reservas pode contactar coa Comisión de Formación.
No arquivo xunto ao final deste documento poden atoparse todos os
detalles sobre o contido do curso.