| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| programacion_curso_oracle.pdf | 277.25 KB |
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| programacion_curso_oracle.pdf | 277.25 KB |
Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun curso de Base de Datos Oracle 10g. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.
O curso está organizado polo CPEIG, e cofinanciado pola Consellaría de Traballo e o Fondo Social Europeo. Polo seu caracter, será gratuíto e está destinado a enxeñeiros/as e licenciados/as en informática laboralmente en activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).
Terá unha duración de 30 horas, ás que se engadirán 5 horas do módulo de igualdade. Impartirase nos seguintes lugares e co seguinte calendario:
Sesión única o venres 26 de setembro, en horario de 16:30 a 21:30. Impartirase no salón Cervantes do hotel Puerta del Camino, ubicado na Rúa Miguel Ferro Caaveiro (zona San Lázaro) en Santiago de Compostela.
Repartirase en 6 sesións:
O prazo de preinscrición deste curso rematou o domingo 14 de setembro.
A admisión no curso, ata cubrir as 20 prazas dispoñibles, realizarase por rigoroso orde de solicitude de pre-inscripción.
O prazo de confirmación de asistencia a este curso rematou o domingo 21 de setembro.
Como parte do material docente incluído no curso, farase entrega do libro de Kevin Loney e Bob Bryla titulado "Oracle Database 10g. DBA Handbook" de MacGraw Hill/Osborne, 2004 (valorado en 30€).
Como é habitual nestes eventos, fica a disposición dos/das colexiados/as a posibilidade de que o colexio xestione reserva de hotel en condicións de convenio para aqueles colexiados que desexen aloxamento. Para información ou reservas pode contactar coa Comisión de Formación.
No arquivo xunto ao final deste documento poden atoparse todos os detalles sobre o contido do curso.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| programacion_curso_oracle.pdf | 277.25 KB |