O Máster de Software Libre Caixanova formúlase como a resposta da Fundación Caixanova, a través da súa área de novas tecnoloxías, á elevada demanda de profesionais especializados en software libre dentro do sector TIC.
A vocación extremadamente técnica e práctica do Máster, cuxa II edición será impartida nas instalacións da Obra Social de Caixanova en Vigo a partir de outubro en sesións de venres tarde e sábado mañá, oriéntase a recén titulados e profesionais TIC que desexen mellorar as súas capacidades para xestionar, analizar e colaborar en proxectos internacionais de software libre.
Coa intención de combinar de forma óptima a visión académica coa empresarial, o equipo docente estará avalado polo grupo de investigación GSyC/Libresoft da Universidade Rei Juan Carlos, referente na comunidade investigadora de software libre pola súa participación en numerosos proxectos de I+D europeos; e pola empresa Igalia, a actividade de negocio baseada en software libre da cal lle supuxo unha posición de relevancia na comunidade internacional GNOME.
O comité asesor do Máster en Software Libre Caixanova está formado por:
A partir de outubro 2008, clases presenciais todos os venres pola tarde de 16 a 21 h e sábados pola mañá de 9 a 14 h.
No sitio web oficial do Máster de Software Libre Caixanova pode atoparse máis información sobre este máster.