Atopámonos nun momento decisivo para o
futuro dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática
dentro da nosa comunidade autónoma e fora dela.
Os membros da Xunta de Goberno temos o convencemento de que o colexio é o medio a través do cal os profesionais do sector poden participar no ordenamento e regulación do ámbito da enxeñaría en informática.
O colexio debe representar a este colectivo profesional dignamente, con responsabilidade, transparencia e coa vontade de facer que o exercicio da nosa profesión sirva o mellor posible aos intereses da sociedade e dos profesionais.
Desde a Xunta de Goberno convidámoste a traballar connosco. A gota de auga que ti poidas aportar axudará a crear mares.



