Introdución
A Universidad Europea de Madrid, UEM, como un dos puntos máis importantes de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, quere facilitar o acceso do seu colectivo a súa oferta formativa, dirixida a colexiados/as e familiares directos destes, que desexen realizar estudos de pregrado e/ou postgrado para o desenvolvemento da súa carreira profesional durante o curso 2008-2009.
Condicións
As condicións favorables que propón a UEM son as seguintes:
- Todos/as os/as colexiados/as do CPEIG, os seus cónxuxes e fillos poderán realizar as probas de acceso á UEM sen necesidade de abonar o importe correspondente ás mesmas.
- Ofrécese un desconto do 10% sobre docencia aos/ás colexiados/as, cónxuxes ou fillos, que se matriculen nalgunha das titulacións oficiais e dobres titulacións oficiais (excepto a titulación de Odontoloxía) da UEM.
- Nos pregrados ofrécese ademais un desconto por pronto pago do 2% no importe anual da docencia.
- Nos pregrados o desconto sobre docencia é compatible cos descontos sobre apertura de expediente e reserva de praza (segundo irmán, familia numerosa, expediente académico, matrícula en dez días).
- Desconto do 10% sobre o importe total dos cursos, para todos os/as membros colexiados/as, os seus cónxuxes ou fillos, que se matriculen exclusivamente en cursos de postgrado (máster e outros cursos, quedando excluídos os Doutoramentos).
Exencións
- Os descontos sobre docencia indicados non son acumulables con outros descontos sobre docencia ofertados pola UEM, nin compatibles coas Becas da UEM.
- En postgrados, quedan excluidos do desconto os cursos de doutoramento, así como cursos de custo inferior a 300€.
- Calquera membro colexiado/a que xa estivera estudando na UEM previamente á sinatura do presente convenio, non terá dereito ás bonificacións aquí expresadas. Non terá carácter retroactivo para alumnos que teñan ingresado con anterioridade ao curso para o que se conceden os descontos.
Como acceder a estas vantaxes
Os/As membros colexiados/as deberán acreditar esta
circunstancia no Departamento de Admisiones da UEM, no momento de
presentar a súa solicitude de ingreso, para facer efectivas estas
bonificacións.