O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia participa como socio fundador do Clúster TIC. O Clúster TIC é o séptimo clúster galego, logo de outros xa creados para os sectores da automoción, a madeira, o naval, o audiovisual, a acuicultura e o produto gráfico.
Este clúster enmárcase nas liñas de actuación preferentes do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). En concreto está recollida na liña de actuación "TIC-A2-I2 Fortalecemento do sector TIC", promovido pola Xunta de Galicia, e na que se anuncia un orzamento de dous millóns de euros para os clústers.
O clúster TIC contribuirá a potenciar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da Sociedade da Información. A misión do clúster será a de actuar como un organismo asociativo no que participen as empresas, os profesionais, a administración e outros axentes relacionados coas TIC co obxectivo de desenvolver estratexias para facilitar o asentamento das empresas TIC en Galicia e o acercamento á sociedade das tecnoloxías da información e a comunicación, a innovación baseada na xestión do coñecemento, a implantación de servizos avanzados que aproveiten a converxencia. Todos estes elementos son de gran importancia para competir no contexto dun mercado global.
Outro dos obxectivos do clúster será formentar a relación e cooperación entre as entidades asociadas para acadar un maior nivel de competitividade e na defensa xeral dos seus intereses e os intereses do sector das TIC, con especial incidencia nos seguintes aspectos e obxectivos:
Así mesmo, o clúster velará polo cumprimento dos seguintes principios:
Dentro do Cluster TIC intégranse, ademais de empresas, agrupacións como EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Empresas TIC), ou AETIC-Galicia (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías dá Información e Telecomunicacións de España, Consello territorial de Galicia).
Pode obterse máis información sobre o Clúster TIC e a súa interacción co CPEIG na sección de actividades institucionais.