Introdución
O colexio dispón dun convenio co Centro On Caixa Galicia, organismo que fusiona o mundo virtual, Internet, e as oficinas físicas de Caixa Galicia. O Centro On ofrece aos seus visitantes dous puntos de vista diferentes: o financiero e o sociocultural.
O Centro On Caixa Galicia é un innovador e exclusivo espazo onde o ocio e o negocio van da man grazas ás novas tecnoloxías. Imagínese unha oficina no que ademais de contratar produtos financeiros, poderá asistir e realizar actos culturais innovadores e interesantes. No Centro On ponse a disposición dos/das colexiados/as un amplo abano de servizos que teñen como obxectivo satisfacer as súas necesidades tanto financeiras coma socioculturais:
- Asesoramento personalizado sobre produtos financeiros (conta corrente, depósitos, préstamos persoais, hipotecas...) sempre nas mellores condicións.
- Caixeiros con Ingresador de efectivo directo.
- Zonas de navegación libre por Internet.
- A bolsa en tempo real na zona de On Broker.
- Servizo de entrega inmediato de entradas de espectáculos.
- Cursos de iniciación a Internet e Novas Tecnoloxías.
- Actos culturais para todas as idades.
No Centro On os/as colexiados/as atoparán os produtos máis competitivos e adaptados a cada cliente: contas e depósitos de alta remuneración con total dispoñibilidade e ofertas de créditos. Todo isto co trato máis personalizado. Os asesores comerciais amosarán como obter o máximo partido aos investimentos e axudaran a realizar as operacións de xeito rápido, sinxelo e con total seguridade a través de Internet. Dende unha simple transferencia ata a solicitude dunha hipoteca.
O Centro On permanece aberto de 09:00 a 18:00 horas, de luns a venres e están dispoñibles nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela.
Características do convenio
O convenio asinado co Centro On Caixa Galicia proporciona aos/ás colexiados/as condicións vantaxosas nos seguintes produtos financeiros:
- On Cuenta Nómina.
- Depósito Bienvenida.
- On Hipoteca Vivienda.
- On Préstamo Cambio de Hipoteca.
- Préstamo On Personal Variable.
- Préstamo On Personal Fijo.
- Préstamo On Personal Coche Nuevo.
Condicións
Este é un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as. Por elo, é preciso identificarse para poder acceder ás condicións concretas do convenio.
Máis información
Pode atoparse máis información a través dos seguintes mecanismos: