Como darse de baixa como pre-colexiado/a

Documentación necesaria

Para darse de baixa como pre-colexiado/a son necesarios os seguintes documentos:

  1. Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, por exemplo a Xunta de Galicia, ou nun notario. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
  2. Instancia de solicitude de baixa de pre-colexiación [descargar].

Onde entregar ou remitir a documentación

Os documentos anteriores deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 32 baixo
Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)