Se xa ata o de agora unha parte importante da sociedade española lle tiña declarada a guerra á SGAE (a meirande parte internautas e usuarios de novas tecnoloxías alporizados polo cobro do canon dixital), é probable que a partires de agora aínda sexan máis os cidadáns que se decidan a loitar en prol da reforma da Lei de propiedade intelectual, que tan mala sona lle está a dar á devandita sociedade de xestión e a outras organizacións semellantes.
O motivo do probable incremento de persoas declaradas en contra desta entidade é o nacemento dun inimigo declarado da SGAE: a EXGAE, unha asesoría legal case de balde creada para "liberar á cidadanía das actuacións da SGAE e outras entidades xestoras".
Este organismo está respaldado por preto de 8.000 persoas e 24 identidades, entre asociacións e cidadáns e "nace coa vontade de canalizar a popular e xustificada hostilidade cara estas entidades xestoras empregando ferramentas artísticas e legais".
O papel principal de EXGAE será, sobretodo, permitir a libre circulación do coñecemento e beneficiar á sociedade na súa totalidade e non a un "restrinxido lobby de persoas" que sacan partido económico pola difusión da cultura.
Os servizos que ofrece esta asesoría son:
Os responsables da Exgae queren, ante todo, deixar claro que son unha asesoría impulsada por creadores independentes e afectados polas actuacións de entidades de xestión tales como a SGAE e non por aproveitados que se queren beneficiar das mobilizacións alleas.