Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun seminario de Peritaxes e Informática Forense.
Este seminario impartirase os vindeiros venres 30 e sábado 31 de maio no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.
Cristina Nebot, avogada e membro do bufete de avogados Pintos & Salgado, exporá a informática forense: aspectos legais, peritos e informes periciais, así coma as novidades legais en materia de LOPD.
Eduard Elias, enxeñeiro en informática e perito informático, ofrecerá un punto de vista máis práctico ilustrado con casos reais, todos eles vistos desde a perspectiva dun enxeñeiro en informática. Organizaranse equipos para traballar en casos prácticos.
Abrirase unha mesa redonda na que participarán os enxeñeiros en informática Eduard Elias, Diego Benítez e Juan Otero e na poderán participar todos os asistentes ao curso coa fin de debatir sobre o estado das peritaxes informáticas.
Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión da titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.
A actividade formativa está prevista para 40 asistentes. As prazas asignaranse segundo os seguintes criterios:
O importe da cota de inscrición é o seguinte:
Os cafés da pausa e a comida están incluídas na cota de inscrición do curso.
(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación, a cal se formalizará o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
O prazo de inscrición no curso foi pechado debido a elevada demanda do mesmo. Por este motivo, o CPEIG organizará proximamente outra edición deste curso.
Todas aquelas persoas que presentaron a súa solicitude deben lembrar que a data límite para facer efectiva a inscrición, realizando o ingreso da cota na conta corrente indicada máis abaixo, será o luns 26 de maio ás 23.00 h.No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos do curso.
A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.
A cota de inscrición deberá ingresarse na seguinte conta corrente de "la Caixa":
2100-2954-75-0200085712
No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso.
Para aqueles asistentes que o desexen, existirá a posibilidade de pernota na cidade de Santiago de Compostela nas noites da fin semana do curso a través do convenio asinado co Hotel Puerta del Camino. Os detalles deste convenio poden atoparse na sección de servizos do portal do CPEIG.
É preciso lembrar a todos os colexiados que, para formar parte da futura Lista de Peritos que o Colexio xestionará, será preciso ter asistido a este curso ou ben ter a algún dos dous anteriores organizados pola AEIG.