O presidente e o
vicepresidente do CPEIG foron recibidos polo director da Escola
Superior de Enxeñaría Informática de Ourense,
Enrique Barreiro.

Na reunión, o colexio expresou o seu
agradecemento ao director polo apoio e a participación na
Asamblea constituinte do colexio, no pasado mes de decembro. Así mesmo, o colexio expuxo os obxectivos, as principais actividades e a situación
actual da entidade.
Os principais temas abordados
foron a implantación dos novos títulos de grao e
postgrado e o futuro das demandas en sectores TIC en relación
ao número de titulados tras as últimas novas aparecidas
na prensa.
Tras expoñer a súa
preocupación pola pouca cantidade de estudantes que solicitan
os estudos de Enxeñaría en Informática, o
director da escola explica a titulación de grado da ETSEI con
especial atención no que atañe ao trasvase de alumnos
entre distintas titulacións. Propón que o Comité
Asesor para a definición de titulacións, no que está
presente o CPEIG, valore os distintos
apartados das titulacións de grado para así ter unha
visión xeral. Tamén expuxo que poderán ter ata 3 grados máster e que actualmente está implantado un
máster en software libre.
Despois de amosar o
calendario previsto para o título de grado, Enrique Barreiro explicou que nos
coñecementos transversais, valoraranse nun porcentaxe bastante alto en cada asignatura, propón dun
mínimo do 30%, as aptitudes como
o traballo en grupo ou as presentacións e charlas en público. Tamén propón unha formación
do profesorado neste tipo de aptitudes e a proposta de cambio da
asignación de profesores a asignaturas con respecto ao vello
funcionamento.
O Presidente do CPEIG expuxo o interese do colexio por un observatorio da profesión. O
Director amousou o se acordo na utilidade dun estudo así,
pero tamén que por ahora en Ourense non dispoñen de
estadísticas de este tipo para realizar un seguemento dos/das titulados/as.
Os representantes de ambas
entidades debatiron sobre posibles eidos de colaboración como
son a bolsa de emprego do colexio, a participación en charlas,
conferencias e coloquios, a organización por parte do CPEIG de
visitas a empresas dos alumnos da escola, a elaboración de
propostas formativas complementarias ás académicas, a
participación do colexio no acto de fin de carreira, etc.
Como resultado da reunión,
amosouse o interese de ambos organismos na realización de
reunións periódicas para fomentar a comunicación
e colaboración entre ambas, así como a inmediata
redacción e sinatura dun convenio que plasme esta vontade de
colaboración.