Na xuntanza debatiuse sobre a situación actual das dúas institucións
e a necesidades de colaboración entre as mesmas.

Un dos puntos principais foi a
adaptación dos plans de estudos ao Espazo Europeo de Educación
Superior (EEES). Neste apartado o decano especificou as directrices
que vai seguir a UDC para tratar os títulos de grao. Os representantes da facultade aceptaron
a proposta do CPEIG para colaborar coa comisión asesora da
Xunta de Facultade para dirixir o proceso.
Os
representantes da UDC aproveitaron o encontra para realizar unha exposición do actual Máster
en Informática, recibindo a proposta de colaboración do
colexio en todo o relativo a contidos, docencia, programación,
etc.
Afondando na idea de aumentar o
coñecemento do colectivo representado polo colexio, e co
obxectivo final da creación dun Observatorio da profesión,
os representantes do CPEIG solicitaron a colaboración da
universidade no seu papel de vertebrador dos futuros titulados e como
referencia no mundo académico. O decano expuso que dispoñen
dun observatorio de ocupación a nivel de ámbito e a
posibilidade de interación co centro de estatística da
Universidade.
Ambas institucións coincidiron
na importancia de coordinar as súas bolsas de emprego coa fin
de mellorar a situación laboral dos titulados/as, establecendo
filtros comúns á hora de aceptar as distintas
solicitudes recibidas do mundo empresarial. A aposta común é
servir de espello para definir os perfis profesionais e baremos de
honorarios de cara ao tecido empresarial galego e exterior á
comunidade.
Por outra banda, o CPEIG expuso o
seu interese na posibilidade de establecer unha normativa de calidade
de xeito que os proxectos informátics desenvolvidos sexan
refrendados polo colexio se cumplen cuns mínimos de garantías.
O decano expuxo a situación actual do centro de
desenvolvemento de software dependente da univerdidade e propuxo unha
colaboración para temas de visado de proxectos que se
concertará nunha reunión co director de dito centro.
Xa por último, durante o encontro esbozáronse
os contidos para a sinatura dun convenio de colaboración
UDC-CPEIG.