Entre outros temas, abordouse a
participación do colexio nos distintos comités que
están a taballar na elaboración dos plans de estudos
para a adaptación dos memos ao EEES.
O CPEIG ven de participar nunha reunión
con representantes da Escola Técnica Superior de Enxeñaría
de Santiago, na que presentou os seus obxectivos, actividades e
situación actual.
O director da escola, Juan Lema, expuxo
a súa inquedanza pola falta de atribucións da profesión
e polas futuras titulacións, expoñendo as principais
modificacións que van a sufrir en todo o que atinxe a
competencias, entendidas éstas como os coñecementos,
habilidades, actitudes e responsabilidades que describen os
resultados do aprendizaxe dun programa educativo.
Ambas entidades suliñaron a
importancia de recoller a situación actual dos egresados para
ter un mellor coñecemento do estado da profesión e o
mantemento do contacto con ese colectivo a través de distintas
iniciativas.
O CPEIG ofreceuse como axente externo
para a colaboración en charlas, seminarios, orientación
laboral e para a ampliación da oferta formativa en aspectos
non recollidos nos actuais plans de estudos, como poden ser os
orientados á xestión empresarial. A ETSE aceptou o
ofrecemento e propuxo orquestar dita colaboración a
través da súa Aula profesional.
Xa por último as dúas
entidades acordaron profundizar sobre estos e outros temas a través
de reunións periódicas e estableceron as liñas
mestras para a sinatura dun convenio de colaboración.