Requisitos para pre-colexiarse
Poderan darse de alta como pre-colexiadas as persoas que estean cursando os estudos de Enxeñaría en Informática e teñan acadado un mínimo do 80 por cento dos créditos.
Dereitos dos/das pre-colexiados/as
Terán todos os dereitos do/da colexiado/a, excepto:
- Posibilidade de participación en órganos de goberno.
- Voto nas asembleas.
- Todos aqueles que para a súa utilización requiran da posesión da titulación e o Colexio poña a isposición dos/das colexiados/as para o desenvolvemento da súa profesión como titulados/as. Todo iso con base ao regulamento interno e ás decisións do goberno do colexio.
Deberes dos/das pre-colexiados/as
- Terán tamén todos os deberes do/da colexiado/a, excepto aqueles relacionados co desenvolvemento da rofesión como titulados/as.
- Deberán xustificar anualmente e cando o Colexio o requira a continuidade da situación que o/a habilita omo pre-colexiado/a.
- Terán a obriga e notificar, nun prazo dun mes, a baixa da condición que o/a habilita como precolexiado/a
Documentación necesaria
Para pre-colexiarse son necesarios os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Fotocopia compulsada da matrícula nos estudos de Enxeñaría en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, por exemplo a Xunta de Galicia, ou nun notario. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
Fotocopia do certificado de académico no cal se reflicta o número de cŕeditos totais da titulación e os créditos superados polo alumno.
Formulario de pre-colexiación cumprimentado [descargar].
Cotas de pre-colexiación
A cota de pre-colexiación é de 30€ semestrais (60€ anuais).
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.
Onde entregar ou remitir a documentación
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 32 baixo Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)


