Temos
constancia dos primeiros colexios profesionais na Idade Media. Xorden como órgano de expresión dos núcleos profesionais típicos da Universidade medieval:
os xurídicos e os sanitarios.
Durante o século XIX o
liberalismo doctrinario intentou eliminalos argumentando que o seu
funcionamento era tan anacrónico como os gremios, pero non se
conseguiu.
Na sociedade española, os colexios profesionais
contan cunha longa tradición pero empézanse a configurar, tal
e como hoxe os coñecemos, a partir do segundo terzo do
século XIX. Na actualidade España conta con medio
centenar de profesións profesionais repartidas en preto de mil
colexio profesionais.
Normativa que
os regula
Os colexios profesionais
están definidos no artigo 1 da lei 2/1974, de 13 de febreiro,
como corporacións de dereito público, amparadas pola
Lei e recoñecidas polo Estado, con personalidade xurídica
propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
A
Constitución Española tamén fai referencia a
estas entidades no artigo 36:
" A Lei regulará as
peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios
Profesionais e o exercicio das profesións tituladas. A
estrutura interna e o funcionamento dos colexios deberán ser
democráticos ".
A lei 2/1974 regula a organización
e o funcionamento dos colexios do modo máis amplo posible en
consonancia co carácter profesional dos fins colexiais. É
un instrumento de participación dos españois nas
funcións públicas de carácter representativo.
O
obxectivo destes organismos é a ordenación do exercicio
das profesións, representación exclusiva das mesmas e a
defensa dos intereses profesionais dos colexiados, todo iso sen
prexuízo da competencia da Administración Pública
por razón da relación funcionarial, e das específicas
da Organización Sindical en materia de relacións
laborais.
Segundo o artigo 3 da lei 2/1974 aquelas persoas que
teñan a titulación requirida e reúnan as
condicións sinaladas estatutariamente terán dereito a
ser admitidos no colexio profesional que corresponda.
Existen
profesións que esixen, para poder desempeñar as tarefas
laborais, acharse inscrito no colexio correspondente. Cando unha
profesión se organice por Colexios territoriais bastará
a incorporación a un só deles, que será o do
domicilio profesional único ou principal para exercer en todo
o territorio do Estado, sen que poida esixirse polos Colexios, nos que non radique o devandito domicilio,
habilitación algunha nin o pago de contraprestacións
económicas distintas daquelas que esixan habitualmente aos
seus colexiados pola prestación dos servizos dos que sexan
beneficiarios e que non se atopen cubertos pola cota colexial.
As
diferentes lexislacións autonómicas que afectan aos
Colexios Profesionais fan que o profesional deba adaptarse a
diferentes normativas ddependendo do territorio no que desenvolva o
seu labor profesional. No caso de Galicia. a regulación que enmarca os colexios
profesionais é a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios
profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cales
son as principais funcións dun Colexio Profesional?
As
funcións esenciais dos Colexios son as do ordenamento e
vixilancia deontolóxica da profesión como corporacións
de dereito público, así como a defensa da profesión
e os profesionais fronte a terceiros. Teñen tamén como
misión contribuír ao desenvolvemento profesional e
axuda aos seus colexiados en diferentes ámbitos.