Introdución
Este documento describe as condicións especiais que ING proporciona aos/ás colexiados/as en virtude dun convenio asinado co CPEIG.
Para coñecer os detalles concretos ou acceder a estas vantaxes colexiais pode contactarse a través deste formulario web .
As vantaxes colexiais ofrecidas por ING engloban os seguintes produtos:
- Asesoramento.
- Conta nómina.
- Hipoteca laranxa.
- Préstamos persoais.
- Conta laranxa.
- Xeración F Único.
- SEGUR fondo dinámico.
- SEGUR plan profesional.
Asesoramento
O convenio inclúe asesoramento financeiro personalizado e de calidade ao estilo da banca
persoal ou banca privada, pero destinada a calquera colexiado/a, sen
ningún tipo de requisito pola súa banda.
O/A colexiado/a poderá concertar unha entrevista cos asesores que ING ten na Oficina de Lugo. A través da mesma poderá transmitirlles todas as súas dúbidas sobre planificación financeira, de forma que se lle proporcione unha solución optima a todas as súas necesidades financeiras. Neste sentido, o traballo de ING consistirá en analizar a situación actual do/a colexiado/a propóndolle a forma de mellorala a través das solucións de ING con
condicións preferentes.



