O presidente realizou unha presentación sobre o colexio e as súas
actividades, entre as que destacou a formación e o emprego de cara a
unha posible colaboración co concello.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, mantivo a reunión coa representante da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago, Carme Casado.
Carme Casado expuxo as áreas de competencia da súa concellería, salientando o programa de bolsa de emprego e a posibilidade de colaboración co colexio no eido formativo tanto para os colexiados/as como para os pre-colexiados/as.