A ETSE expuxo as actividades da escola e as características to
título de grado. Os membros do colexio presentaron o
CPEIG e realizaron diversas consultas estatísticas sobre os
titulados/as.
A reunión tivo lugar co director e o subdirector da Escola
Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de
Compostela, Juan Manuel Lema e Alberto Bugarín, respectivamente.
Na sesión de traballo dabatiuse sobre diversas temáticas entre as que cabe destacar a formación, as prácticas dos titulados/as en empresas, a bolsa de emprego, a problemática das atribucións profesionais, as aptitudes de xestión dos titulados/as, a interacción entre os títulos de grado e o colexio e a situación administrativa da oficina de software libre.