O CPEIG intervirá no terceiro Foro Nacce, previsto para o vindeiro día 20 de setembro

O encontro terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra
Logotipo NACCE

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará activamente na terceira edición do Foro Nacce, previsto para o vindeiro xoves, día 20 de setembro, na cidade de Pontevedra. O programa inclúe as intervencións de dous colexiados - o presidente, Fernando Suárez Lorenzo, e un vogal, Francisco Javier Rodríguez Martínez- e está deseñado a prol da potenciación da colaboración entre empresas TIC de Galicia e do Norte de Portugal.

O CPEIG actúa como mentor e forma parte do núcleo de apoio no proxecto Nacce (Núcleo de Apoio á Concorrencia e á Creación de Empresas TIC), que ten como fin formar a 350 emprendedores e empresas de Galicia e Portugal, dentro do Programa Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Programa

  • 10:00H. Rexistro e acreditación
  • 10:30H. Inauguración

José María López Bourio. Presidente AGESTIC

José Manuel García. Xerente Cámara Comercio

Francisco Javier Rodríguez Martínez. Subdirector ESII

Aiminho

CCG

Xunta de Galicia-Consellería de Traballo. DXPE

  • 10:45H. Socio vs Só

Que facer para empezar un proxecto, só ou en colaboración? Como poñer en marcha a túa idea de empresa? De forma autónoma ou buscando socios que a complementen? Vantaxes/ Inconvenientes.

Presenta: Francisco Javier Rodríguez Martínez. Subdirector ESII

Relator:Fernando Suárez Lorenzo. Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Vicepresidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática.

http://linkd.in/U4n2ji

  • 11.15H. Cuestións legais dun proxecto TIV en colaboración 

Protección da idea de negocio desde o punto de vista legal cunha aproximación a patentes, marcas, propiedade intelectual, protección do know how, sociedades, pactos entre socios e crowdfunding. Lexislacion aplicable LSSI-LOPD-Seguridade

Presenta: José María López Bourio. Presidente AGESTIC

Relatores:

Cristina Nebot López. Avogada Consultora TIC

http://linkd.in/PVY3Og

Víctor Salgado Seguín. Socio-Manager en Pintos & Salgado Abogados Nuevas Tecnologías

http://es.linkedin.com/in/victorsalgado

  • 12.00H. Cofee break
  • 12.30H. Aspectos fiscais clave no desprazamento de persoas entre España e Portugal

Presenta: José María López Bourio. Presidente AGESTIC

Relator: Francisco Veiga. Avogado: Bufete Garrigues

  • 13.00H. A xestión dun proxecto en colaboración

A experiencia na xestión de equipos, a montaxe e o seguimento do proxecto, as relacións humanas e sociais para levalo ao éxito

Presenta: José María López Bourio. Presidente AGESTIC

Relatores:

Víctor López García CEO e Project Manager de AVA Soluciones Tecnológicas

http://es.linkedin.com/in/victorlopezgarcia .

Pablo López. Consultoría, Innovación Empresarial e Desenvolvemento Profesional

http://es.linkedin.com/in/pablolg

  • 14.00 H. Fin da xornada de mañá
  • 14.30 H. Xantar networkin

Xornada Tarde: Mesas de Traballo

Só para os asistentes que queiran entrevistarse cos profesionais de forma individualizada

15:30H. a 18:00H. CELEBRACIÓN DE MESAS DE TRABALLO NACCE.

  • Mesa 1: Legalidade Informática. Mentor: Víctor Salgado
  • Mesa 2: Seguridade/Creación Sociedades TIC: Cristina Nebot
  • Mesa 3: Intelixencia para colaborar: Mentor Pablo López
  • Mesa 4: Profesional TIC ou empresa en sociedade? Mentor: Fernando Suárez
  • Mesa 5: Xestión dun Proxecto TIC en colaboración. Ideas. Mentor: Víctor López
  • Mesa 6: Fiscalidade nacional e internacional das TIC. Mentor. Francisco Veiga

18:00 H. Peche do foro

Plataforma de colaboración

Nacce consiste nunha plataforma de colaboración para a creación de empresas TIC. Trátase dunha rede composta por socios e colaboradores que potencia a formación e asesoramento de pequenas e medias empresas transfronteirizas co obxectivo de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento. Trátase de estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a concorrencia das empresas existentes e, como consecuencia directa, dinamizar o emprego. Para acadar eses fins, creouse unha rede baseada en tecnoloxías web 2.0. que actuará como catalizador para o avance do sector.

No proxecto participa a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), a Universidade de Vigo, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática, a Cámara de Comercio de Vigo e dous socios de Portugal: Aimnho, de Braga, e CCG, de Guimarâes. Segundo o acordo asinado recentemente, o CPEIG súmase ao núcleo de apoio ao proxecto mediante a achega da experiencia dos seus colexiados e colexiadas, a asistencia a xornadas e mesas redondas, o estudo de proxectos presentados polos emprendedores TIC e o consello a estes promotores.