Aprobouse por unanimidade a xestión da xunta de goberno e os orzamentos para este ano

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou o pasado sábado, día 30 de xuño, a súa asemblea xeral, na que, entre outros acordos, se aprobaron por unanimidade os orzamentos para o presente ano e a xestión realizada pola actual xunta de goberno.
No decurso da xuntanza, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, realizou a presentación do estado actual do colexio, das actuacións realizadas e da memoria anual das actividades desenvolvidas durante o ano 2011. Os colexiados reunidos déronlle o seu visto e prace á dita memoria correspondente ao pasado exercicio.