O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 13 de xullo ao 12 de setembro de 2012 e o exame terá lugar en Madrid o 5 de decembro

As Nacións Unidas convocan un exame anual para recrutar novos profesionais altamente cualificados que desexen iniciar unha carreira profesional en NNUU. A convocatoria de 2012 está aberta a candidatos españois.
Requisitos para participar
- Ser menor de 32 anos o 31 de decembro de 2012 (nacidos o 1 de xaneiro de 1980 en diante).
- Ter un título universitario de grao.
- Excelente nivel de inglés e/ou francés .
- Ter a nacionalidade dun país participante (España participa na convocatoria de 2012).
As áreas convocadas son as seguintes:
- Arquitectura
- Asuntos Económicos
- Asuntos Políticos
- Asuntos Sociais
- Produción de radio (portugués ou suahili)
- Tecnoloxías da Información.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 13 de xullo ao 12 de setembro de 2012.
O exame terá lugar en Madrid o 5 de decembro de 2012.
Nacións Unidas seleccionará aos 40 españois máis cualificados de cada área para participar no exame escrito; nesta selección terán en conta:
- Idiomas: excelente nivel noutros idiomas oficiais de Nacións Unidas (árabe, chinés, español, ruso).
- Titulación universitaria: nivel superior na área convocada.
- Experiencia: tempo de traballo na área convocada.
O proceso de selección está a cargo do Departamento de Recursos Humanos de Nacións Unidas e pode seguirse na seguinte ligazón: https://careers.un.org/lbw/home.aspx?viewtype=NCE
Unidade de Funcionarios Internacionais
Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación
ufi@maec.es