Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2012 está prevista a realización do curso "BPM con A Gran Mudanza". Ao mesmo están convocados/as todos/as os/as colexiados/as, precolexiados/as e profesionais do sector TI que desexen formarse nesta disciplina.


Información
Curso de metodoloxía en deseño de procesos de negocio e xestión por procesos, que coa simulación A gran mudanza se pode ver o impacto da adopción de procesos na xestión de negocio que terá que ser apoiado pola tecnoloxía adecuada.
Calendario
O curso impartirase o martes 26 e o mercores 27 de xuño de 2012, co seguinte horario
- Martes 26 de 09:30h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.
- Mercores 27 de 09:00h a 13:30h e de 14:30h a 18:30h.
Lugar
Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.
Metodoloxía
A súa empresa, WWM (World Wide Movers), atópase nun mercado moi competitivo e outras empresas supéranlle en rendemento porque son capaces de alta eficacia.
Rumoréase que vai saír un concurso para un proxecto grande e complexo de mudanza (A Gran Mudanza), que se adxudicará á empresa que demostre o mellor rendemento.
Así que terá que conseguir rapidamente optimizar os seus procesos.
Este seminario é unha forma realista e interactiva de experimentar os conceptos esenciais e os beneficios do BPM (Business Process Management).
Os participantes afrontan situacións que recoñecen da súa contorna de traballo mentres revisan e experimentan coas claves do BPM:
- Transparencia
- Transformación
- Flexibilidade
Ademais das técnicas de deseño de procesos e a sua monitorización, neste taller:
- Ponse de relevo a influencia do comportamento, as capacidades e competencias das persoas para que funcionen os procesos.
- Apréndese o papel da información, como se pode capturar e compartir.
- Experiméntanse sistemas para habilitar e dar soporte óptimo aos procesos de negocio.
Obxectivos
- Establecer obxectivos medibles
- Analizar a situación desexada e a situación actual
- Definir procesos e identificar indicadores de rendemento
- Implantar procesos e definir como medilos
- Monitorizar e guiar os procesos
- Conseguir a mellora continua de procesos
- Deseñador de aprendizaxe e facilitador en programas formativos de xestión de proxectos, liderado, xestión do coñecemento e do cambio, usando técnicas de simulacións, e-Learning, e blended.
- Director de www.conversaction.com. Provedor autorizado do PMI (Registered Education Provider R.E.P. #3018).
- Project Management Professional (PMP) e membro do Project Management Institute (PMI), asistiu ao PMI Global Congress 2009 en (Orlando FL, EEUU).
- Certificado en ITIL Fundamentals e formador en Xestión de Servizos.
- Certificado en MBTI (Myers-Briggs Type Indicator) Step I e Step II, ferramenta de identificación do tipo psicolóxico para o desenvolvemento persoal.
- Certificado (advanced) por Human Synergistics na súa ferramenta "Circumplex" de análise do comportamento individual, grupal e organizativo para o cambio e incremento de eficacia.
- Certificado pola North American Simulation and Gaming Association como Deseñador de Xogos Formativos (Washington DC, 2009).
No pasado foi:
- Xerente de comunicación e Webmaster na Oficina Web de Indra (2004-2006).
- Xerente no Centro de Competencia e-Business de Indra (2002-2004).
- Xerente do departamento HCI (Human-Computer Interaction) en Atlante (2001-2002).
- Knowledge Manager en Icon Medialab (2000-2001).
- Xestor de Proxectos na Dirección de Novos Produtos da Axencia EFE (1999-2000).
- Xefe de Servizo da Redacción Multimedia da Axencia EFE (1997-99).
- Director da colección de CD-Rom "Tesoros de la Biblioteca Nacional" (1997-2001):
- Xestor de Proxecto para a produción de CD-Rom (1995-1999): Doce Meses (anuarios de 1997 a 1999),; España: 20 anos de democracia, Todo deporte 97, Euroguía 96.
- Asesor de prensa e documentalista para o Gabinete de Prensa da Oficina da Comisión Europea en Madrid (1994-1998).
- Escritor e tradutor. Autor entre outros libros de 101 claves de TI para directivos (ed. Prentice Hall), eOnde está o meu equipo? (Ed. H Klickowsky www.dondeestamiequipo.net).
Inscrición
Requisitos
Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.
Número de prazas
A actividade formativa está prevista para 15 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición atendendo aos seguintes criterios de preferenza:
Colexiados/as do CPEIG e non colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*).
Precolexiados/as do CPEIG e non precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación (**).
Non colexiados/as e non precolexiados/as.
(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
Cota de inscrición
O importe da cota de inscrición é o seguinte:
- Membros colexiados/as do CPEIG: 300€
- Membros precolexiados/as do CPEIG: 300€
- NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación: 300€
- NON precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación: 300€
- NON colexiados/as e non precolexiados/as: 700€
Procedemento de inscrición
Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.
O prazo de inscrición deste curso remata o venres 22 de xuño ás 23:00.
O procedemento de pago da cota é o seguinte:
Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada o 4 de xullo polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.
Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 4 de xullo na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso.
Se a cota a paga unha empresa, ingresará o importe da mesma até o 4 de xullo trala presentación de factura por parte do colexio.
O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.
No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.
A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.
Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.
Requisitos complementarios
Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.
Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.
Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.
Contacto
Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org