O directivo é acusado de falsear o seu curriculum

Un escándalo>provocado polo currículo do director xeral de Yahoo, Scott Thompson, provoca o seu cesamento no cargo, xa que aparecía
unha titulación en Informática en 1978 no Stonehill College, a cual foi negada pola
institución académica, xa que non ofreceu tal disciplina ata 1983.
Aínda que dende Yahoo aseguren que o cesamento de Thompson responde a “motivos persoais”, resulta evidente que
a súa credibilidade quedou totalmente en cuestión ao descubrirse que inventara ter
unha titulación académica para reforzar a súa posición como directivo no
sector, o que recoñeceu como “un erro inadvertido”.
Como consecuencia, o cadro de dirección de Yahoo está a experimentar unha reestruturación debida ao cesamento. Así, o posto de director
xeral ocuparáo provisoriamente Ross Levinsohn, á vez
que colocan a Fred Amoroso para encabezar o consello de dirección da compañía
en substitución de Roy Bostock (quen tamén deixa a directiva para acelerar a
entrada de Levinsohn).
Este tipo de movementos poderían responder as estratexia errática que está a
seguir a compañía nos últimos anos.