O correo electrónico dos galegos rexistra, nestes momentos, a menor incidencia de virus do Estado.
O Observatorio de Seguridad de la Información, do Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación (INTECO)
publicou un estudo sobre a situación das pequenas e
medianas empresas españolas en materia de e-confianza e seguridade da
información que serve para coñecer as necesidades e avaliar as accións
que fomenten a chamada cultura da seguridade da información.
O "Estudo sobre incidencias e necesidades de seguridade nas pequenas e medianas empresas españolas"
demostra que existen importantes riscos para a seguridade da
información que as pemes non están a ter en conta (robos de
información, malos usos dos sistemas, consecuencias medioambientais e
problemas asociados aos soportes).
A investigación do INTECO detectou a escaseza de
servizos para configurar e manter adecuadamente as ferramentas de
seguridade e a xestión de incidencias, así como a falla de atractivos
dos existentes. As conclusións deste estudo localizan un grande nicho
de mercado en relación á seguridade da información na PEME, salientando
os servizos de asesoramento técnico e identificando unha serie de
motivos polos que fan que este mercado non estea o suficientemente
desenvolvido. Ademais, proporciona unha serie de medidas medidas e
recomendacións destinadas á Industria e ás Administracións Públicas,
neste sentido.
O virus Netsky.P en Galiza
Segundo os dados que proporciona o propio INTECO, no seu Mapa de incidencias por Comunidades Autónomas,
o correo electrónico dos galegos rexistra, nestes momentos, a menor
incidencia de virus do Estado. Concretamente, o INTECO atopou virus no
0,27% dos correos enviadas dende Galiza entre os máis de 400 millóns de
mensaxes de correo electrónico que escaneou en 2007, un millón e medio
de mensaxes diarias.
Cantabria, A Rioxa e Euskadi tamén presentan, a día
de hoxe, uns niveis inferiores ao 3% e por baixo da media estatal. Por
contra, agora mesmo Andalucía presenta un 5% do seu email infectado. O
Netsky.P, un virus de perigosidade baixa, acapara o 63% das incidencias
rexistradas en Galiza.