INTECO advirte que a
enxeñería social é a porta
de entrada para os novos riscos de seguridade da información e que a
súa finalidade é netamente lucrativa.
INTECO colaborou co comité para a creación do consello de colexios de enxeñaría en informática (CCII) nun estudio sobre o uso de etodoloxías e ferramentas no desenvolvemento do software.
A segunda vaga do estudo de INTECO,
sobre a incidencia e confianza dos usuarios de Internet, toma como base
a medición mensual da frecuencia dos episodios de risco individual
nunha mostra ampla de máis de 3.000 fogares panelizados on-line. Esta
segunda vaga do estudo corresponde aos meses de xaneiro a abril de 2007
e permite, por primeira vez, unha comparanza evolutiva da situación de
seguridade, confianza e nivel de incidencias de seguridade dos fogares
usuarios de Internet do conxunto do Estado. Mostra os hábitos que
afectan á seguridade en Internet: o equipamento de seguridade nos
fogares, as medidas que os usuarios toman antes e despois das
incidencias e a percepción relativa á seguridade en Internet que hai
nos fogares de todo o Estado.
Hábitos de uso de Internet
- Medra, respecto de xaneiro, a frecuencia de uso de Internet desde o
fogar: o 26,1% dos usuarios dedícanlle máis de 20 horas semanais a
Internet desde o fogar.
- Os servizos de Internet máis utilizados polos
usuarios de Internet desde o fogar, son o correo electrónico (99,3%) e
a procura de información (79,8%).
- Aumenta o uso dos foros en liña un 7,6%, e dos
pagos por Internet un 13,5%, e diminúe a procura de información a
través de Internet nun 6,9%.
- Mantense constante o perfil de servizos de
Internet administrados, sendo os servizos administrados por un maior
número de usuarios, as páxinas Web (17,9%) e o blog (14,9%).
- O 49,7% dos usuarios desatenden o ordenador mentres descargan arquivos.
Medidas e hábitos de seguridade en Internet
-
O 93,3% dos fogares conectados a Internet de forma habitual, en abril
de 2007, sinalan que dispoñen de programa antivirus. A análise dos seus
equipos mostra que, do mesmo xeito que en xaneiro, un 9% destes equipos
realmente non conta con antivirus.
- Medra o uso de devasa ou
firewall, así como de programas de bloqueo de fiestras emerxentes e as
previsións chegan a niveis do 75% de penetración para xullo de 2007.
- As medidas que esixen un comportamento máis
activo do usuario seguen sendo as menos frecuentes: só un 32% dos
usuarios fan copias de seguridade dos seus arquivos e, aínda que se
aprecia certo crecemento, este é moi miúdo.
- As principais razóns para non incorporar as
medidas de seguridade continúan sendo a percepción de que a medida é
innecesaria e o descoñecemento do seu funcionamento.
Percepción de seguridade en Internet
- A percepción de seguridade persoal durante a navegación e uso de
Internet segue a ser alta, sobre todo en canto á protección do propio
ordenador fronte a ameazas (81,9%).
- A incidencia de seguridade máis frecuente
declarada polos usuarios, é a recepción de correo non desexado (spam),
que se mantén próxima ao 80% nos últimos tres meses.
- En xeral os usuarios están convencidos de que
dispoñen da protección suficiente para realizar unha navegación segura.
Este feito aséntase, principalmente, no feito de ter instalado un
programa antivirus, deixando case exclusivamente a este, a xestión de
seguridade do equipo. Por iso é polo que a reacción máis común, tras
unha incidencia de seguridade, segue sendo actualizar ou cambiar de
antivirus (60,6%).
- A gravidade das incidencias declaradas tamén é
algo maior. Un 43,5% declara que tivo que formatear o disco duro no
último ano como consecuencia dunha incidencia de seguridade, respecto
ao 41,9% que o declararan en xaneiro.
- As incidencias de seguridade afectan pouco ao
abandono ou cambio de servizos en liña. Detéctase un aumento do cambio
de contas de correo electrónico por motivos de incidencias de
seguridade (14,2%).
- Tras sufrir unha incidencia os usuarios din
volverse máis cautelosos (45,2%) e demandar máis información (45,6%),
pero non se volven máis solidarios informando a outros usuarios dos
perigos (18,8%).
- Como na primeira vaga, case o 9% dos usuarios
caracterízase por prácticas imprudentes ou temerarias que comportan
risco para o propio sistema e para o resto de usuarios, non por iso
modificando os seus hábitos imprudentes.
Situación real de seguridade dos equipos nos fogares
- A presenza de códigos maliciosos mantense en niveis similares desde
xaneiro: case 8 de cada 10 equipos mantén un ou máis códigos maliciosos
(malware) no ordenador doméstico con acceso a Internet. En concreto, o
77,1% dos ordenadores analizados en abril presentan algún tipo de
código malicioso.
- A tendencia actual, centrada na produción de
códigos maliciosos cun obxectivo netamente lucrativo, é a base da
xeración de códigos maliciosos de risco alto, na súa maioría troianos que
están presentes no 54,3% dos ordenadores, cando en xaneiro achábanse no
51,1% dos equipos. Os virus presentan un descenso continuado desde o
11,9% de xaneiro ao 9,3% en abril.
- Existe un aumento na proliferación e
diversificación de variantes de códigos maliciosos, especialmente de
troianos, de 48,7% a 49,9% do total de variantes, o que dificulta os
labores de detección e solución do malware.
- A Enxeñería Social
sitúase como o vector de ataque máis utilizado para conseguir o aumento
de incidencias, sen necesidade de recorrer á infección automática
aproveitando as vulnerabilidades dos sistemas.
Evolución dos Indicadores de Seguridade
- A situación global de seguridade segundo o sistema de indicadores,
mostra unha mellora na protección do equipamento individual (maior
valor do indicador de equipamento en seguridade, que pasa de de 61,0 a
63,9 puntos), e unha menor prudencia na navegación entre os meses de
xaneiro e abril de 2007 (crecemento do indicador de conduta temeraria
de 19,3 a 23,0 puntos).
Das variables de segmentación do sistema de
indicadores, os hábitos de uso e a idade son as que mostran
características máis diferenciadas:
- Os usuarios imprudentes controlaron o seu risco,
aumentando o seu equipamiento en seguridade. Con iso prodúcese unha
redución relativa da presenza de códigos maliciosos nos seus
ordenadores, pero seguen existindo un gran número de ordenadores con
capacidade de diseminar ameazas na Rede.
- A idade se perfila como un factor significativo
dos hábitos de uso. As persoas de maior idade mostran un comportamento
máis seguro e uns hábitos máis previsores, os menores de 25 anos
presentan comportamentos máis temerarios.
- En xeral, parece abrirse paso unha cultura da
seguridade centrada en instalar e esquecerse, que ofrece unha
confortable sensación de seguridade á vez que relaxa a necesaria
atención permanente durante a navegación.