Na sección adicada ás asembleas que se celebrarán o día 29 de marzo pode atoparse información actualizada sobre algúns documentos publicados anteriormente.
Os cambios afectan á documentación sobre os novos estatutos a aprobar durante a asemblea xeral extraordinaria, e veñen derivados de modificacións de última hora solicitadas pola Xunta de Galicia o día 25.