Documentación necesaria
Para colexiarse poden darse dúas situacións distintas:
- Enxeñeiros/as que se censaron para a asemblea constituínte celebrada o 15 de decembro de 2007.
- Enxeñeiros/as que non están censados.
Segundo a situación na que se atope o/a enxeñeiro/a os documentos necesarios para a colexiación varían lixeiramente. Nos seguintes apartados explícase con detalle cada caso.
Enxeñeiros/as que se censaron para a asemblea constituínte celebrada o 15 de decembro de 2007
Para colexiarse precisan os seguintes documentos:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte.
- Formulario de colexiación para censados cumprimentado [descargar].
Enxeñeiros/as que non están censados
Para colexiarse precisan os seguintes documentos:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte.
- Fotocopia compulsada do título de Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, por exemplo a Xunta de Galicia, ou nun notario. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
- Formulario de colexiación cumprimentado [descargar].
Cotas de colexiación
A cota de colexiación é de 60€ semestrais (120€ anuais).
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.
Onde entregar ou remitir a documentación
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 32 baixo Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)


