Software Freedom Law Center advirte dos fallos informáticos en aparatos médicos.
Os fallos do software en aparatos médicos, como marcapasos, van
ser unha crecente ameaza para a saúde pública, segundo o informe de
Software Freedom Law Center (SFLC) que foi presentado hoxe en Portland (EUA) na
Open Source Convention (OSCON).
O relatorio Killed by Code: Software Transparency in Implantable
Medical Devices (Morto polo código: Transparencia de software nos
dispositivos médicos implantables) aborda o risco potencialmente mortal
dos defectos informáticos nos aparatos médicos implantados nas persoas. O
traballo formula a necesidade de que os pacientes e os médicos teñan
máis información deses aparatos e de que esixan que leven software
de código libre e aberto. A OSCON é unha reunión de expertos en software
libre.
"Os resultados do traballo son importantes para
calquera persoa que teña un amigo ou familiar cun marcapasos ou con
bombas de insulina" segundo Karen Sandler, director de SFLC.
"Necesitamos unha revisión da seguridade do código que se executa nestes
aparatos. As autoridades sanitarias deben esixir aos seus fabricantes, o
código fonte para a súa revisión e custodia,".
Segundo SFL,
millóns de persoas con condicións crónicas do corazón, epilepsia,
diabete, obesidade, e mesmo a depresión depende de implantes, pero o software
permanece oculto aos pacientes e os seus médicos. A pesar de que hai
casos de fallos críticos por defectos de código fonte, este considérase
propiedade exclusiva dos seus fabricantes e case nunca se revisa
preventivamente polas autoridades sanitarias.
En 2008, a Corte
Suprema dos Estados Unidos eliminou a única garantía que tiña o
consumidor para demandar por neglixencia na fabricación de partes dun
aparato.
O documento da SFLC pide que se auditar o código fonte
dos produtos sanitarios. A investigación indica que a transparencia de software
faría os dispositivos menos vulnerables aos hackers maliciosos e
brechas de seguridade e á poboación menos vulnerable á neglixencia das
empresas que os venden.
A SFLC recorda graves fallos informáticos
acontecidos noutros campos, como en eleccións, na fabricación de coches,
nas liñas aéreas comerciais ou nos mercados financeiros. Na súa
opinión, estas vulnerabilidades só poden resolverse coa transparencia do
software libre.