Os cursos encádranse dentro do Programa de Formación do CPEIG para o
ano 2008 e desenvólvense dentro do marco dunha subvención da
Consellería de Traballo.
Os cursos serán gratuítos e están dirixidos a enxeñeiros/as e licenciados/as
en informática laboralmenteen
activo e persoal que non se atope ao servizo das Administracións Públicas (que non pertenza ás Administracións Públicas).
O colexio está a participar moi activamente en todos os foros e comisións relacionados co Espazo Europeo de Educación Superior.
Membros da Universidade de Santiago de Compostela (USC) reuníronse con representantes do CPEIG e das empresas do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación
(TIC) coa finalidade de que elas os asesoren na elaboración do plan de
estudos do novo grao de Enxeñaría Informática, que se impartirá na
universidade compostelá.
Este ano remataron os seus estudoss a décima promoción de Enxeñaría en Informática e a primeira promoción do Máster en Informática.
O pasado sábado 28 de xuño celebrouse no salón de actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña o acto de despedida dos/das recén titulados/as en Enxñaría en Informática e no Máster en Informática.
Á celebración os xa ex-alumnos e ex-alumnas asistiron coas súas mellores galas e acompañados de numerosos familiares e amigos.
En representación do CPEIG, asistiron o Presidente e o Secretario do colexio. Por parte da Universidade da Coruña asistiron o Rector e o Decano da Facultade de Informática.
O máster, no que colaboran a Fundación Caixanova, Igalia e a Universidade Rei Juan Carlos remata o seu prazo de inscrición o 26 de setembro de 2008.
O Máster de Software Libre Caixanova formúlase como a resposta da Fundación Caixanova, a través da súa área de novas tecnoloxías, á elevada demanda de profesionais especializados en software libre dentro do sector TIC.
A vocación extremadamente técnica e práctica do Máster, cuxa II edición será impartida nas instalacións da Obra Social de Caixanova en Vigo a partir de outubro en sesións de venres tarde e sábado mañá, oriéntase a recén titulados e profesionais TIC que desexen mellorar as súas capacidades para xestionar, analizar e colaborar en proxectos internacionais de software libre.
As memorias SSD (Solid State Drive) ameazan con revolucionar o mercado.
A escena repítese constantemente. "O Meu disco duro morreu e perdín todo". Máis dun escritor tivo que facer terapia psicolóxica para asumir que os cinco capítulos da súa nova novela desapareceron. A morte dun disco duro pode levar por diante películas, discografías, fotos, teses doutorais e un longo (e doloroso) etcétera.
O mercado dos discos duros é duro, como non. Cada día se ofertan novidosos dispositivos con capacidades case imposibles de encher e en tamaños diminutos. Pero cando a industria do disco duro logrou concienciar a humanidade de que fai falta ter un bo, o mellor, e dispoñer de máis de unopara asegurarnos de que a información non corre perigo, xusto entón apareceu a memoria flash. ¿Quen non ten unha memoria USB con forma de chave, lapis, pincho? Son os pequenos xenios da familia SSD (Solid State Drive).
O máster está patrocinado polas empresas Altia e Tecnocom.
Desde o 1 de xullo e ata o 14 de agosto está aberto o prazo de pre-matriculación do Máster en Informática da Universidade da Coruña.
As listas de admitidos publicaranse entre o 15 de agosto e o 8 de
setembro. O prazo de reclamacións e do 9 ao 11 de setembro e as listas
definitivas publicaranse o 15 de setembro.
O centro, que formará parte do Centro Tecnolóxico do
Naval de Galicia, prestará servizos ao
empresariado galego nun dos sectores industriais máis importantes de galicia.
Ao acto de presentación asistiron o Presidente e o Secretario do colexio, que
aproveitaron o evento para debater con diferentes membros do contorno
institucional, académico e científico.
A Junta de Andalucía realizará unha cesión indefinida e sen cargo para a Xunta de Galicia co compromiso de dirixir actuacións encamiñadas a
achegar a administración electrónica.
Esta nova obra virtual está na súa fase beta 1.0 e xa ofrece máis de
200.000 entradas actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías,
material didáctico para profesores e alumnos, ademais de varios xogos e
concurso.