Foro de Calidade do Software

Celebraráse os días 9 e 10 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Logo AMTEGA

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan un Foro para a Calidade do Software.

As empresas en xeral, e en particular as TIC, incluídas as administracións publicas, e por tanto os seus profesionais, enfróntanse a un novo paradigma nos servizos  que prestan aos seus clientes ou aos cidadáns coa utilización das últimas tecnoloxías. 

A velocidade de aparición e de adopción das novas tecnoloxías repercute nun aumento exponencial das oportunidades de negocio, pero tamén dos  riscos en termos de seguridade, implantación e usabilidade das mesmas.  

As temáticas a abordar versarán sobre aspectos como ISO 9126, ISO 25000, Débeda técnica, Métricas, Integración continua, Axilidade, Auditorías, Externalización do Desenvolvemento, etc…  

Con esta iniciativa proponse un marco de reunión, debate e divulgación para investigadores, empresas, universidades e profesionais interesados en aumentar o  valor que achegan aos seus negocios, en base ao control e optimización da Calidade dos Produtos que o sustentan.

Entre os obxectivos perseguidos atópanse: 

  • Coñecer as diferentes normas de xestión de calidade no ámbito das TIC
  • Compartir experiencias de implantación
  • Casos de éxito de empresas
  • Elaboración de mesas redondas por temáticas

O Foro de Calidade se desenvolverá os días 9 e 10 de xuño de 2014, contando co seguinte programa:

Workshop de calidade

Celebraráse o día 9 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 no salón 103 do edificio CINC na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 

Este workshop está limitado a 20 persoas. Para inscribrise será necesario cubrir o seguinte formulario. As prazas asignaranse por riguroso orde de inscrición.

Temario

  1. Calidade do producto software e ISO 25000 (I).
    • Calidade Software
    • Métricas
    • ISO 25000
  2. Calidade do producto software e ISO 25000 (II) Ferramentas e Integración Continua
    • Ferramentas de calidad y métricas
    • Ferramentas de Integración Continua

Xornada sobre Calidade

Celebraráse o día 10 de xuño en horario de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 no salón 103 do edificio CINC na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela 

Esta xornada está limitada a 100 persoas. Para inscribrise será necesario cubrir o seguinte formulario. As prazas asignaranse por riguroso orde de inscrición.

Temario

  • 09:30 - Apertura del evento por Dona Mar Pereira Álvarez, directora da AMTEGA
  • 10:00 - Calidad del producto e ISO 25000: presente, futuro… y sentido común - Javier Garzás, URJC y KYBELE Consulting
  • 10:30 - Certificación calidad del producto software con ISO 25000 - Moises Rodríguez, AQC Lab - AENOR
  • 11:00 - Descanso
  • 11:30 - El papel humano en la Calidad Software - Domingo Gaitero, Proceso Social
  • 12:00 - BDD: uniendo negocio y pruebas técnicas para mejorar la calidad software – Enrique Sánchez, MEDIANET Software
  • 12:30 - La calidad del producto desde las pruebas y en rendimiento - Pedro Sebastián Mingo
  • 13:00 - Midiendo la calidad de código en WTF/Minuto. Ejemplos de código real que podrían ocasionarte un derrame cerebral - David Gómez, AUTENTIA
  • 13:30 - Comida
  • 15:30 - La experiencia de El Corte Inglés en la gestión de la calidad software - Jesús Hernándo Corrochano, El Corte Inglés
  • 16:00 - La calidad software necesita Integración de software: del bigbang al continuous delivery - Pablo Santos Luaces, Codice Software
  • 16:30 - ¿Qué calidad tiene realmente el software? La experiencia de evaluar la calidad de 1000 proyectos bajo la ISO 25000 – Ana M. García, URJC y KYBELE Consulting
  • 17:00 - Mesa Redonda
  • 17:30 - Clausura por Don Jacinto Canales, Presidente do CCII