¿Por qué colexiarte?
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia é o único organismo de dereito público legalmente lexitimado para representar, tanto a nivel público como privado, aos enxeñeiros e ás enxeñeiras en Informática.
Só mediante unha organización se pode intentar conseguir obxectivos comúns que superen a capacidade de acción individual.
O CPEIG está a contribuír especificamente na definición, desenvolvemento e construción da nosa profesión, contando para elo coa participación dos/as colexiados/as en:
- Asembleas Ordinarias
- Grupos de traballo, onde se determinan e desenvolven actuacións a levar a cabo.
O estar colexiados implica unha serie de servizos tales como:
- Cursos de formación especializados
- Seguro de responsabilidade civil
- Xornadas de divulgación
- Docencia
- Libros do CPEIG
- Bolsa de emprego
- Corpo Oficial de Peritos
Ademais o CPEIG está en contacto permanente coa súa contorna mais inmediata, establecendo liñas de actuación e convenios con diferentes entidades para ofrecerlle aos colexiados e as colexiadas beneficios con condicións vantaxosas:
- Universidade Europea de Madrid
- Adeslas
- Sanitas
- Hotel Puerta del Camino
- Hotel NH
- HP
- Libraría Díaz de Santos
- Bufetes de avogados
Queremos colexiados e colexiadas convencidos da necesidade de manter activo o CPEIG a través dunha gran representatividade e, por tanto, maior peso específico ante a Sociedade. Por elo, pedimos que te colexies.
Procedemento de colexiación
Documentación necesaria
Para colexiarse precísanse os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
- Acreditación de posuir o título necesario. Esta acreditación poderase facer mediante un dos seguintes procedementos
Fotocopia compulsada do título de Enxeñaria ou Licenciatura en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia.
Para contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá contactar cun representante do colexio que cotexará o título en cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede do colexio.
- A xeración dun código de verificación de título oficial:
- Entrar na páxina de Títulos Oficiais do Ministerio de Educación. Solicitarase o seu certificado dixital.
- Opcionalmente, se non o fixo con anterioridade, pode entrar en "Comprobe a súa relación de títulos oficiais" e verificar a información dos seus títulos.
- Entrar en "Administre os seus permisos de consulta para entidades externas".
- Prema o botón "Crear un novo permiso".
- Estableza un período de vixencia do permiso de alomenos tres meses dende a data na que vaia realizar a inscrición introducindo a data de caducidade axeitada.
- Marque o título para o que desexa xerar o código de verificación.
- Prema o botón Asinar. Aparecerálle unha xanela na que poderá seleccionar e aceptar o seu certificado dixital.
- Prema Crear permiso. Abrirase unha páxina de Permisos que ten outorgados a entidades externas.
- Prema Ver no permiso que acaba de xerar. Nese momento descargarase un arquivo pdf cos datos do Título Oficial e o código de verificación. Gárdeo có nome orixinal.
Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4 para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e 10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar este documento.
Formulario de colexiación preenchido e asinado [descargar].
- Formulario de adhesión ao seguro de responsabilidade civil xestionado polo colexio preenchido e asinado, ou documentación acreditativa de estar en posesión dun seguro equivalente á opción básica do seguro xestionado polo colexio [descargar]. A modalidade básica do seguro xestionado polo colexio non supón custe adicional, xa que se atopa incluído na cota de colexiación. Na sección de servizos deste sitio web está dispoñible máis información sobre o seguro de responsabilidade civil xestionado polo colexio.
Cotas de colexiación
A cota de colexiación é de 60 € semestrais (120 € anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra. Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarase íntegramente.
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo.
Os membros colexiados en situación de desemprego poden acollerse á exención da cota de colexiación.
Onde entregar ou remitir a documentación
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 13 1ºATeléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 99715701 Santiago de Compostela (A Coruña)