Para colexiarse poden darse dúas situacións distintas:
Enxeñeiros/as que se censaron para a asemblea constituínte celebrada o 15 de decembro de 2007.
Enxeñeiros/as que non están censados.
Segundo a situación na que se atope o/a enxeñeiro/a os documentos necesarios para a colexiación varían lixeiramente. Nos seguintes apartados explícase con detalle cada caso.
Para colexiarse precisan os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4 para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e 10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar este documento.
Formulario de colexiación para censados cumprimentado e asinado [descargar].
Para colexiarse precisan os seguintes documentos:
Fotocopia do DNI ou pasaporte.
Fotocopia compulsada do título de Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, por exemplo a Xunta de Galicia, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.
Para contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá contactar cun representante do colexio que cotexará o título en cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede do colexio.
Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4 para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e 10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar este documento.
Formulario de colexiación cumprimentado e asinado [descargar].
A cota de colexiación é de 60 € semestrais (120 € anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra. Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarse íntegramente.
A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.
Os/as membros colexiados en situación de desemprego poden acollerse á exención da cota de colexiación.
Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:
Rúa Fernando III O Santo 32 baixo Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)