Pode que soe a broma, pero o documento está asinado por unha das mandamás de Google, Marissa Mayer. A compañía tardou máis de cinco anos en conseguilo pero finalmente logrou patentar a súa páxina de inicio.
A Asociación de Internautas invita a subscribir o manifesto "polos dereitos civís, a universalidade e neutralidade da rede" e convoca un acto en Madrid o domingo 24 de maio.
Expertos canadenses descubriron unha acción de espionaxe informática en
103 países realizada case exclusivamente dende China que afectou sobre
todo a embaixadas, ministerios e outras oficinas estatais, así como ao
Dalai Lama.
Refórmase a Lei de Protección das Comunicacións Electrónicas. Acusan o fabricante finlandés de teléfonos móbiles Nokia de premer ao Lexislativo. Varios expertos aseguran que a nova lei podía ser anticonstitucional
Con esta porcentaxe, España encabeza unha vez máis a lista mundial de países emisores de 'phishing', aínda que moitos destes ataques están controlados de forma remota e se orixinan dende fóra do país.