Fernando
Suárez, Presidente do CPEIG, e Senén Barro, Reitor da USC, reuníronse a comezos de febreiro para
abordar a necesidade de avanzar na equiparación desta titulación
coas demais enxeñarías.
A convocatoria está secundada pola RITSI, plataforma que aglutina as delegacións de alumnos das Facultades e Escolas de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática.
O encontro centrouse no Espazo Europeo de Educación Superior, na falta de regulación, na inexistencia de responsabilidade civil ante erros informáticos e na transposición das Directivas Europeas que afectarán a estas enxeñarías.
O CPEIG apoia todas aquelas iniciativas e movilizacións en favor da solución á problemática das Enxeñarías en Informática, sempre dentro da legalidade vixente e sen abandonar os
diferentes procesos de negociación establecidos.
O BNG apoia a regularización da profesión, a creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática e a creación dun corpo específico na Administración galega para titulados en Informática.
A CODDI Conferencia de Decanos e
Directores de Centros Universitarios de Informática) soliciou un ditame
sobre a condición de profesión regulada da Enxeñaría Técnica en
Informática, conforme á Lei 12/1986, do 1 de abril.
A voceira do Partido Popular, Soraya Sáenz de Santamaría,
presentou no Congreso dos Deputados a Proposición de Lei para a
creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros en Informática.