Mediante un acordo formal da xunta da Escola Técnica Superior de Enxeñaría o colexio vén traballando desde hai máis de un mes coa USC na implantación do Máster de Enxeñaría en Informática na adaptación a Bolonia.
O encontro inscríbese na rolda de contactos que o colexio está mantendo con diferentes institucións e organismos a prol dun maior coñecemento e recoñecemento da Enxeñaría en Informática.
O foro terá lugar na Escola Galega de Administración Pública o xoves 19 e o venres 20 de novembro. O Vicetesoureiro do colexio, Antón Campos, participará na mesa redonda sobre novas tecnoloxías e sociedade da información.